sábado, 8 de junio de 2013
jueves, 23 de mayo de 2013
ESTRAÑO ACHÁDEGO NO COLEXIO
UN BICHO MORTO NO PATIO
O martes 21 de Maio algúns alumnos que estaban a pintar o muro do
colexio coa profesora de plástica, Marta, atoparon un animal morto.
Pensaban
todos que era unha serpe ou un escancer, pero ó observala mellor, vimos que
tiña unhas pequenas patiñas vestixiais; tratábase por tanto dun tipo de
lagarto, non unha serpe: o eslizón tridáctilo (porque ten 3 dedos se vos fixades ben na foto) ibérico ou “Chalcides
striatus”.
Os eslizóns son interesantes réptiles que teñen as patas tan
reducidas que se confunden con serpes se non te fixas ben. Esta estraña
estructura permite que se movan a gran velocidade entre a herba ou as follas
caídas.
Este exemplar era de color oliváceo e tiña unas bonitas raias ó
longo do corpo, máis escuras.
Mandeille a un alumno que o collera e o metera nun bote de cristal:
¡Dame unhas pinzas! - me dixo
¡Estes rapaces de campo!......xa non son o que
eran……
FANDIÑO
domingo, 19 de mayo de 2013
viernes, 17 de mayo de 2013
jueves, 9 de mayo de 2013
domingo, 14 de abril de 2013
miércoles, 13 de marzo de 2013
sábado, 9 de marzo de 2013
miércoles, 27 de febrero de 2013
martes, 26 de febrero de 2013
martes, 19 de febrero de 2013
viernes, 15 de febrero de 2013
jueves, 7 de febrero de 2013
martes, 5 de febrero de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




