miércoles, 4 de junio de 2014
miércoles, 28 de mayo de 2014
viernes, 23 de mayo de 2014
martes, 20 de mayo de 2014
sábado, 17 de mayo de 2014
miércoles, 14 de mayo de 2014
miércoles, 26 de marzo de 2014
sábado, 1 de marzo de 2014
sábado, 23 de noviembre de 2013
CONFERENCIA SOBRE TRANSPLANTES DE
ÓRGANOS
“O martes día 29 de Outubro do 2013 tivemos unha charla sobre os
transplantes. Asistimos os alumnos de 3º e 4º da E.S.O. e impartíronna un
enfermeiro do CHUAC da Coruña, o médico responsable e coordinador de transplantes
do mesmo complexo hospitalario e un transplantado de fígado e de páncreas.
Propiciáronnos moita información e amosáronnos detalles que non
coñecíamos. Tamén nos situaron nalgúns sucesos na historia, como o primeiro
tansplante ou o primeiro transplante de corazón; sen olvidar que nos ensinaron
como era o protocolo anterior e posterior a un transplante”.......
SOFÍA PENA 3º E.S.O.
“Unha das cousas da charla
que máis me chamou a atención foi que só se poden doar os órganos se a morte se
produce de forma chamada “morte cerebral”. Aínda que se é outro tipo de
morte, poderíanse doar os tecidos.
Explicáronnos que Galicia é a comunidade autónoma de toda España
que máis se nega a doar órganos. É por iso que eles van dando charlas porque se
cree que o motivo de case o 30% de negativas é pola falta de información das
persoas e eles queren mellorar a porcentaxe.
Na miña opinión a charla foi moi interesante e paréceme moi
apropiado o que estan a facer para concienciar á xente. Porque doar órganos
salva vidas.”......
PABLO MEDÍN ROIBÁS. 3º E.S.O.
…… “Chamoume moito a atención que se centraran en demostrar que
non ían deixarte morrer nin nada diso, xa que para eles, sería espir un santo
para vestir outro. Tamén nos mostraron os diferentes órganos que poden ser
transplantados, dende o sangue ata o fígado. O tansplantado mostrounos que se
tí, por un motivo ou por outro, és transplantado, non vas ser distinto aos
demáis, e que os medicamentos antirexeitamento están avanzando moito, e
que agora só hai que tomalos á comida e á cea………… A charla pareceume moi
interesante e puiden aprener moitas cousas sobre o procedemetnto para realizar
un transplante”.....
MANUEL SANTAMARIÑA RUÍZ DE LEÓN. 3º E.S.O.
……”Cando o transplantado nos contou a súa experiencia foi o
momento que máis me gustou. Gústoume porque nos contou as súas sensacións
sobre o que vivíu…”
LAURA SANJUÁN CAÍNZOS. 3º E.S.O.
……” A min gustoume moito a charla, pois fíxome pensar acerca da posibilidade
de doar sangue ou órganos no futuro..”
MIGUEL GARCÍA MARTÍN. 4º E.S.O.
Os conferenciantes insistiron en felicitarnos polo bo
comportamento do alumnado durante a súa charla, "nunca tal viron" e
teñen experiencia de anos dando conferencias por toda Galicia.
Eu felicito ós alumnos, ós profesores e, sobre todo, ós pais, por
teren tan ben educados ós seu rapaces. Alí onde van, chaman a atención polo seu
ben saber estar.
MARÍA JOSÉ FANDIÑO RÍO. A profe de Ciencias
martes, 22 de octubre de 2013
jueves, 4 de julio de 2013
sábado, 8 de junio de 2013
jueves, 23 de mayo de 2013
ESTRAÑO ACHÁDEGO NO COLEXIO
UN BICHO MORTO NO PATIO
O martes 21 de Maio algúns alumnos que estaban a pintar o muro do
colexio coa profesora de plástica, Marta, atoparon un animal morto.
Pensaban
todos que era unha serpe ou un escancer, pero ó observala mellor, vimos que
tiña unhas pequenas patiñas vestixiais; tratábase por tanto dun tipo de
lagarto, non unha serpe: o eslizón tridáctilo (porque ten 3 dedos se vos fixades ben na foto) ibérico ou “Chalcides
striatus”.
Os eslizóns son interesantes réptiles que teñen as patas tan
reducidas que se confunden con serpes se non te fixas ben. Esta estraña
estructura permite que se movan a gran velocidade entre a herba ou as follas
caídas.
Este exemplar era de color oliváceo e tiña unas bonitas raias ó
longo do corpo, máis escuras.
Mandeille a un alumno que o collera e o metera nun bote de cristal:
¡Dame unhas pinzas! - me dixo
¡Estes rapaces de campo!......xa non son o que
eran……
FANDIÑO
domingo, 19 de mayo de 2013
viernes, 17 de mayo de 2013
jueves, 9 de mayo de 2013
domingo, 14 de abril de 2013
miércoles, 13 de marzo de 2013
sábado, 9 de marzo de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




