jueves, 23 de mayo de 2013

ESTRAÑO ACHÁDEGO NO COLEXIO



UN BICHO MORTO NO PATIO

O martes 21 de Maio algúns alumnos que estaban a pintar o muro do colexio coa profesora de plástica, Marta, atoparon un animal morto.

 Pensaban todos que era unha serpe ou un escancer, pero ó observala mellor, vimos que tiña unhas pequenas patiñas vestixiais; tratábase por tanto dun tipo de lagarto, non unha serpe: o eslizón tridáctilo (porque ten 3 dedos se vos fixades ben na foto) ibérico ou “Chalcides striatus”.

Os eslizóns son interesantes réptiles que teñen as patas tan reducidas que se confunden con serpes se non te fixas ben. Esta estraña estructura permite que se movan a gran velocidade entre a herba ou as follas caídas.

Este exemplar era de color oliváceo e tiña unas bonitas raias ó longo do corpo, máis escuras.

Mandeille a un alumno que o collera e o metera nun bote de cristal: 

¡Dame unhas pinzas! - me dixo

¡Estes rapaces de campo!......xa non son o que eran……       
                                                FANDIÑO


viernes, 17 de mayo de 2013

FACENDO CLICK NESTE ENLACE TEDES ACCESO A VARIAS PÁXINAS PARA FACER EXERCICIOS DE CONVERSIÓN ENTRE MÚLTIPLOS E SUBMÚLTIPLOS DE DISTINTAS UNIDADES DE MEDIDA.