sábado, 23 de noviembre de 2013

CONFERENCIA SOBRE TRANSPLANTES DE ÓRGANOS

“O  martes día 29 de Outubro do 2013 tivemos unha charla sobre os transplantes. Asistimos os alumnos de 3º e 4º da E.S.O. e impartíronna un enfermeiro do CHUAC da Coruña, o médico responsable e coordinador de transplantes do mesmo complexo hospitalario e un transplantado de fígado e de páncreas.
Propiciáronnos moita información e amosáronnos detalles que non coñecíamos. Tamén nos situaron nalgúns sucesos na historia, como o primeiro tansplante ou o primeiro transplante de corazón; sen olvidar que nos ensinaron como era o protocolo anterior e posterior a un transplante”.......
SOFÍA PENA    3º E.S.O.

 “Unha das cousas da charla que máis me chamou a atención foi que só se poden doar os órganos se a morte se produce de forma chamada “morte cerebral”. Aínda  que se é outro tipo de morte, poderíanse doar os tecidos.
Explicáronnos que Galicia é a comunidade autónoma de toda España que máis se nega a doar órganos. É por iso que eles van dando charlas porque se cree que o motivo de case o 30% de negativas é pola falta de información das persoas e eles queren mellorar a porcentaxe.
Na miña opinión a charla foi moi interesante e paréceme moi apropiado o que estan a facer para concienciar á xente. Porque doar órganos salva vidas.”......
PABLO MEDÍN ROIBÁS.   3º E.S.O.


…… “Chamoume moito a atención que se centraran en demostrar que non ían deixarte morrer nin nada diso, xa que para eles, sería espir un santo para vestir outro. Tamén nos mostraron os diferentes órganos que poden ser transplantados, dende o sangue ata o fígado. O tansplantado mostrounos que se tí, por un motivo ou por outro, és transplantado, non vas ser distinto aos demáis, e que os medicamentos antirexeitamento están avanzando  moito, e que agora só hai que tomalos á comida e á cea………… A charla pareceume moi interesante e puiden aprener moitas cousas sobre o procedemetnto para realizar un transplante”.....

MANUEL SANTAMARIÑA RUÍZ DE LEÓN.   3º E.S.O.


……”Cando o transplantado nos contou a súa experiencia foi o momento que máis me gustou.  Gústoume porque nos contou as súas sensacións sobre o que vivíu…”             
LAURA SANJUÁN CAÍNZOS.   3º E.S.O.


……” A min gustoume moito a charla, pois fíxome pensar acerca da posibilidade de doar sangue ou órganos no futuro..”

MIGUEL GARCÍA MARTÍN.    4º E.S.O.

Os conferenciantes insistiron en felicitarnos polo bo comportamento do alumnado durante a súa charla, "nunca tal viron" e teñen experiencia de anos dando conferencias por toda Galicia. 
Eu felicito ós alumnos, ós profesores e, sobre todo, ós pais, por teren tan ben educados ós seu rapaces. Alí onde van, chaman a atención polo seu ben saber estar.
MARÍA JOSÉ FANDIÑO RÍO.    A profe de Ciencias